A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cecilia Vázquez Suárez, pasou parte da xornada de hoxe coa xente nova que está a participar nos campamentos de verán de Lousame, que este ano celebran a súa edición número dezaseis.
https://www.youtube.com/watch?v=K7wBkrhBF9Q
Durante a visita, tamén se presentou o proxecto de mobilidade europeo ‘Voluntariado no rural: participación e promoción’, que se desenvolverá ao abeiro do programa Erasmus+ e no que participarán dúas persoas, unha de nacionalidade rusa e outra ucraína.