O pavillón polideportivo de PORTO DO SON acollerá o día 17 a clausura das escolas deportivas 2015

O Pavillón Polideportivo Municipal acollerá o vindeiro día 17 deste mes o acto de Clausura das Escolas Deportivas Municipais 2015, que se desenvolverá a partir das 17.00 horas.

A Clausura consistirá nunha serie de exhibicións nas que os pequenos e non tan pequenos mostrarán os progresos que acadaron ó longo do curso, o público vai disfrutar de exhibicións de aeróbic deportivo, taekwondo, baile latino, patinaxe e acrobacias.

As actividades deron comezo o 6 de outubro e rematarán o vindeiro 8 de xuño, completando os dous cuatrimestres.

As escolas municipais, contaron con un total de 250 usuarios. Respecto ós clubes deportivos e demáis asociación que fan uso das instalación municipais, este ano, tamen contaron coa participación dos clubes de fútbol de Xuño , Porto do Son e Portosín , o Clube de Baloncesto de Porto do Son , a Agrupación Deportiva Porto do Son.

https://www.youtube.com/watch?v=Cmy5sQZSwmo

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.