Esta mañá os pequenos foron recibidos no salón de plenos da Pobra, polo alcalde, Xosé Lois Piñeiro, o concelleiro de Servizos Sociais, Miguel Alamancos e o representantes da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Pablo Romeo, Esta é a segunda vez que os dous rapaces están na Pobra.
Dúas familias da Pobra acollen este verán dous nenos saharauís, dentro do programa vacacións en paz, da Asociación SOGAPS coa que colabora o concello.


