Xunta de Galicia

Feijóo amosa a súa satisfacción ante o compromiso do Goberno central de manter os prazos fixados para a chegada do AVE a Galicia no último trimestre de 2019

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, amosou hoxe a súa satisfacción ante o compromiso do Goberno central de manter os prazos fixados polo anterior Executivo para a chegada do AVE a Galicia no último trimestre de 2019.

“O AVE estará funcionando en probas o ano 2019 conforme aos compromisos asumidos co anterior Goberno”, aseverou Feijóo nunha rolda de prensa despois de reunirse co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, para trasladarlle as principais reivindicacións da Comunidade galega.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.