O simulador de navegación da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira, dependente da Consellería do Mar, está programado coas últimas tecnoloxías e especificacións técnicas e é o máis avanzado a nivel nacional na súa categoría.
https://www.youtube.com/watch?v=wKMBBykdyko
Así o destacou hoxe a conselleira do Mar, Rosa Quintana, nunha visita a este centro, onde explicou que a Consellería actualizou recentemente o software desta ferramenta de formación e que comezará a usarse no próximo curso.