BESTEIRO visita a comarca para apoiar a candidatura de JOSEFA HERMO e MANUEL MANEIRO

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, visitou na tarde de onte a comarca do Barbanza para apoiar a candidatura socialista liderada por Josefa Hermo, no concello de Porto do Son e de Manuel Maneiro, de Boiro e defendeu o traballo que os socialistas á hora de gobernar nos concellos.
Nunha visita ao porto de Cabo de Cruz, Besteiro defendeu a importancia dos grandes investimentos en sectores produtivos, pero ao mesmo tempo tamén aseverou que nos últimos seis anos en Galicia e nos últimos catro anos nos concellos estas iniciatvas estiveron paralizadas.
Pola súa parte, o candidato a alcaldía incidiu na importancia do mar e anunciou a creación dunha concellería de Pesca en caso de que os socialistas sexan o partido elexido para gobernar. Besteiro e Manuel Maneiro visitaron tamén o Museo Arqueolóxico do Barbanza, no Castro de Neixón.

https://www.youtube.com/watch?v=gMcmAeGVijc

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.