FEIJÓO anuncia á nova carteira de servizos de inclusión social que contará con máis prestacións e garantirá a atención urxente

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que o Consello da Xunta vén de dar luz verde á nova carteira de servizos de inclusión social que contará con máis prestacións e garantirá a atención urxente.

Ademais de incorporar novos servizos, Feijóo explicou que esta iniciativa busca sistematizar o conxunto de servizos e de prestacións que existen actualmente para atender ás persoas e familias en situación de vulnerabilidade, pobreza ou exclusión social.

Entre os novos servizos, Feijóo destacou o servizo de acollida básica, que ofrece un recurso residencial de media-longa estancia a persoas en situación de grave deterioro persoal e social, que non estean vinculados a un proxecto de inclusión sociolaboral, e que non dispoñan efectivamente dun fogar.

O responsable autonómico subliñou ademais que a nova carteira inclúe tamén novos recursos complexos, é dicir, a través da combinación doutras prestacións xa existentes, co fin de proporcionar unha atención integral ás necesidades das persoas.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.