Técnicos de Augas de Galicia visitaron esta mañá Boiro co fin de redactar as actas hoxe de replanteo para o comezo das obras de actuación que se van facer con respecto a proxecto de “mellora dos bombeos de Esteiro e Subuqueiro”, dentro do plan de actuacións medioambientais da Consellería de medioambiente territorio e infrestructuras en Boiro.
Con estas actuacións preténdese que estes pozos que non funcionaban a pleno rendimento pola súa obsolescencia e vida útil no tempo poidan aumentar o tratamento dos caudales en previsión de posibles alivios de verquidos a ría.
O prezo total de adxudicación das obras é de 721.000 € e a empresa ourensana Proyectos e Construcciones. O prazo de execución é de 6 meses e os traballos darán comezo a partir do vindeiro día 24 deste mes.
Ademais disto dende o concello aseguran que nos próximos meses a Consellería sacará a licitación o proxecto de saneamento do Río Breiro que xunto con este proxecto dos bombeos virá a completar e dar solución definitivamente aos alivios puntuais por defectos de capacidade que se sufría na rede.
https://www.youtube.com/watch?v=0lSMEySFH4E