As mesas do partido popular recolleron máis de 80 suxestión na tarde de onte

Recén concluídas as Mesas de Propostas promovidas polo Partido Popular foron máis de 80 o número de suxestións que os veciños quixeron achegar ao longo das tres horas de celebración desta iniciativa.

Dende a creación dun parque de calistenia e parkour, ata o impulso de alternativas do ocio saudable nocturno, pasando por unha maior inversión en mantemento de infraestruturas, a eliminación de barreiras arquitectónicas, o desenvolvemento de políticas que fomenten a participación cidadá ou a integración de persoas con discapacidade.

A acción celebrada na praza da Igrexa durante a tarde de onte estivo encabezada por Fabiola García, candidata número 2 polo Partido Popular, e contou coa participación da meirande parte dos integrantes desta lista electoral.

https://www.youtube.com/watch?v=hek5Lnvjfpg

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.