MUIÑOS lamenta que a “BUROCRACIA” de BRUXELAS manteña ao xeito en vilo sobre o seu futuro coa vindeira campaña de verán

O alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, manifestou hoxe a súa “decepción” polo feito de que a burocracia prolongue ata tres meses máis o futuro do sector do xeito, que hoxe esperaba a votación do informe Brianno na Comisión Europea de Pesca.
O alcalde, que se desprazou ata o Parlamento Europeo para seguir en directo o debate e votación final do informe, lamenta non poder volver coa boa nova para o sector do xeito.
Dende o BNG aseguran ter presentado diferentes emendas para garantir que o xeito queda excluído da prohibición de redes de deriva, ademais de ter realizado un inxente traballo de denuncia e de argumentación ante as autoridades comunitarias.
Neste sentido, Miranda e Muíños organizaron unha xornada na Eurocámara cos principais interlocutores técnicos e políticos do Parlamento e da Comisión cos mariñeiros e representantes de confrarías, para dar a coñecer de primeira man as súas reivindicacións e o funcionamento desta modalidade de pesca da que viven 400 familias. Froito desa xornada, as autoridades comunitarias abriron a porta a exclusión do xeito desa prohibición das redes de deriva.

https://www.youtube.com/watch?v=v9l2ckLiBK8

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.