O Concello de Ribeira informa de que sete veciños perceptores da Risga comezarán mañá, día 7 de maio, a traballar para a Administración Municipal.
Contarán cunha xornada laboral do 75% e estarán destinados á brigada de mantemento, mellora e limpeza de vías e áreas verdes municipais.
Os beneficiarios desta subvención concedida pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia disporán dun contrato de traballo de sete meses.
https://www.youtube.com/watch?v=8I_RfAD70po