O BNG de Boiro rexistrou esta mañá unha denuncia na casa consistorial do municipio polo abandono do Pazo de Goiáns, ben material incluído dentro da clasificación de Patrimonio Cultural de Galicia.
Para xustificar a súa denuncia, Raquel Suárez acudiu á lei que recolle o artigo no que se reflecte que a comunidade autónoma de Galicia ten a competencia exclusiva sobre o patrimonio cultural e que as distintas administracións públicas teñen o deber de colaborar para que isto se cumpla.
Unha vez máis os nacionalistas inciden na importancia de recuperar canto antes o Pazo xa que aseguran que canto máis se tarde a reparación será máis custosa.
Os integrantes do BNG ensinaron o escrito de denuncia ante os medios.
https://www.youtube.com/watch?v=GyW1VOFVjCg