Galicia

O Grupo Popular manterá no Pleno a súa postura na defensa do traspaso da AP-9 e da chegada do AVE a Galicia

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avanzou hoxe que o PPdeG manterá no Pleno desta semana “a postura que vimos defendendo desde hai anos respecto da transferencia a Galicia da AP-9 e da chegada do AVE a Galicia,
https://www.youtube.com/watch?v=V3NcIppJWUM
así como que a Administración do Estado adopte as medidas legais recomendadas pola Comisión de Expertos para a incorporación do Pazo de Meirás ao dominio público”. Puy reiterou a disposición do Grupo Popular a incorporar no ditame da Comisión de Estudo sobre o plan forestal e a loita contra os incendios “aquelas medidas que se consideren factibles e que melloren o noso texto proposto, sempre co ánimo de conseguir acabar cos efectos da lacra dos incendios e dinamizar o monte e o medio rural galego”.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.