A Casa do Concello de Ribeira deu cabida esta mañá a unha recepción dun profesor e oito alumnos que, procedentes do centro Evanxélico da Xuventude de Traballo Social de Frankfurt onde estudan ciclos duais de pintura, administrativo ou cociña, recalan neste municipio con motivo do desenvolvemento dun proxecto transnacional coa participación do CIFP Coroso. O director do centro, Jose antonio Rendo dirixiuse aos alumnos e falou desta iniciativa.
https://www.youtube.com/watch?v=xYmnFlYh5hU