O alcalde de Riveira Manuel Ruiz púxose en contacto coa Demarcación de Costas de Galicia ante a súa inquietude polas consecuencias que están a ter as obras que dita entidade está a realizar por unha parte nos Areeiros (onde se está a canalizar un río) e por outra en Aguiño (onde se está a aportar area á zona do Carreiro).
Neste senso, Ruiz Rivas espera contar en breve coa visita dun responsable de Costas para observar in situ o avance destas actuacións co fin de que se adopten medidas encamiñadas a corrixir e reconducir a execución das mesmas.