Lousame

A Casa da Cultura de Lousame acolle ata o vindeiro 13 de xullo a mostra da obra gañadora do XIII Premio Castelao de Banda Deseñada

A Casa da Cultura de Lousame acollerá ata o vindeiro 13 de xullo a exposición “O Corpo de Cristo”, da coruñesa Beatriz Lema Rivera, gañadora do XIII Premio Castelao de Banda Deseñada, convocado pola Deputación da Coruña no ano 2017.
https://www.youtube.com/watch?v=6NQftAmGsFg
Unha mostra composta por vinte paneis a través dos cales a autora amosa a resilencia dunha nena fronte aos problemas adultos, así como a súa sensibilidade para contar patoloxías mentais dende un punto de vista infantil.

Beatriz Lema, formada como deseñadora de produto pola Universidade da Coruña, é a primeira muller que gaña este premio. A mostra poderá visitarse na sala de exposicións municipal de Lousame ata o vindeiro venres 13 de xullo.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.