Aprobados todos e cada un dos puntos do pleno extraordinario celebrado este mediodía na casa consistorial ribeirense.
Entre os puntos máis importantes encontrábanse a dación de conta do informe de morosidade e do período medio de pago global.
O cuarto dos puntos era a ratificación e aprobación de actas de adquisición amistosa ou por mutuo acordo no expediente de expropiación dos bens para a execución da obra “Proxecto de recuperación integral do río Artes e do seu entorno no concello de ribeira”.
Foron tamén aprobados a adjudicación do contrato de cestión do servizo público de limpeza pública urbana, recollida e transporte de residuos sólidos urbanos, excluída a fracción de vidro, e xestión do punto limpo, mediante a modalidade de concesión e a proposta de aprobación das condicións que rexirán o contrato a suscribir entre o concello de Ribeira e o club “Bielas Sport” para o uso do circuito emprazado no monte de San Alberto.
https://www.youtube.com/watch?v=WeQUloRsuC8