Veciños de LOUSAME asisten a un curso de búsqueda de emprego que organiza cogami en SANTIAGO

Veciños do concello de Lousame asisten hoxe a un curso de búsqueda de emprego a través das redes sociais que organiza a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade. Unha iniciativa que se deselvolverá no día de hoxe nas instalacións que COGAMI ten en Santiago.

Con data de inicio o 4 de maio e con data de remate no día de hoxe e un total de 8 horas de duración, as persoas participantes formaranse en contidos tanto teóricos como prácticos sobre o desenvolvemento do currículo, envío do mesmo a través da internet, uso de buscadores e portais de emprego, así como das redes sociais enfocadas na procura de emprego.

O Servizo de Intermediación Laboral de COGAMI desenvolve o denominado Programa Integrado de Emprego, Emprega con Discapacidade, unha oportunidade laboral para 100 persoas con discapacidade de toda Galicia con problemas para acceder a un emprego.

Un programa subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.