A Comunidade galega, segue creando emprego cun aumento das afiliacións no último ano do 2,72%, é dicir, 26.622 máis, o que supón que xa son 8 meses consecutivos nos que o aumento anual supera o 2% e as 20.000 afiliacións.
https://www.youtube.com/watch?v=djZ4173LZ38
As afiliacións crecen e o paro continúa baixando cunha caída do 10,33% na evolución anual, o que supón que 19.600 persoas abandonaron o desemprego no último ano e o que sitúa a Galicia como a terceira Comunidade na que máis se reduciu o desemprego en termos relativos. Ademais, supérase ao Estado no ritmo de caída en 4,36 puntos.