Máis de 40 embarcacións chegarán a boiro no mes de agosto coa ruta do cabaleiro das cunchas

Arredor de 40 embarcacións galegas e portuguesas chegarán no mes de agosto ao Barbanza para celebrar un ano máis a Ruta do Cabaleiro das Cunchas.

O dous de agosto dará comezo a ruta que sairá da localidade portuguesa de Póvoa do Varzim. Será o día 7 cando finalmente chegue a Boiro. Unha vez no Barbanza, os participantes desprazaranse por terra ata Santiago de Compostela para asistir á misa do peregrino. De Boiro retomarán a ruta ata finalizar o día oito en Bouzas.

A asociación de amigos da ruta marítima do apóstolo Santiago leva seis anos realizando este percorrido que en cada nova edición suma novas etapas e máis participantes.

Portos de Galicia prestará apoio loxístico á organización deste evento coordinando a entrada e o tránsito das embarcacións nos peiraos autonómicos nunha época marcada pola gran afluencia de tráficos portuarios. Así mesmo, o concello de Boiro implícase activamente nesta iniciativa polo seu valor de promoción turística non só no eido náutico senón tamén cultural, dada a súa vinculación co Camiño de Santiago.

https://www.youtube.com/watch?v=ZevfrYhnK2s

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.