A delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, participou no acto de izado das Bandeiras Azuis nas praias do municipio de Boiro

A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, participou no acto de izado das Bandeiras Azuis nas praias do municipio de Boiro que tivo lugar onte pola tarde. Do Campo estivo acompañada polo presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, e polo alcalde, Juan José Dieste.

Os areais renovaron o distintivo tras comprobar que reúnen as condicións necesarias en materia de salubridade das augas, limpeza, infraestruturas relativas aos accesos, duchas, facilidades para discapacitados, vixilancia e seguridade, entre outros servizos.

http://youtu.be/aLYyWsO6jWk

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.