O Centro Cultural Lustres Rivas foi o escenario da presentación do programa do Maio Cultural 2015 de Ribeira. O acto contou coa participación de Elvira Pisos, concelleira de Cultura e Festexos, e Mari Carmen Vizcaya, edila de Educación e Servicios Sociales.
O programa inclúe 37 actividades. As concelleiras destacaron como principal novidade a viaxe a Sálvora prevista para os días 16 e 18 de maio, con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos. Para poder participar nesta iniciativa os interesados deberán inscribirse no Centro Cultural Lustres Rivas ou no Museo Municipal. O prazo estará aberto dende o 5 ata 11 de maio.
Ademais, celebrarase o cixesimoterceiro Certame Literario Xosé Filgueira Valverde Letras Galegas 2015. Os premios consistirán en lotes de libros. Todos os participantes serán agasallados cun diploma e un estoxo cunha libreta literiara.
https://www.youtube.com/watch?v=oSvaQSEIbYI