Icono del sitio CanalBarbanza.com

A iniciativa “Comercio con talento” premia a Lolita Kids e a Estefanía León, alumna do CPR María Assumpta de Noia

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, entregou hoxe á tenda de moda infantil Lolita Kids de Noia un dos premios do certame Comercio con talento, unha iniciativa coa que a Xunta pretende impulsar a innovación e o emprendemento no sector comercial entre o alumnado de formación profesional.
Cartel de YouTube
Con esta acción, na que participou alumnado de ciclos formativos relacionados co comercio de toda Galicia, búscase impulsar a participación e o contacto dos estudantes coa realidade do sector, complementando a súa formación; potenciar a innovación, o emprendemento e a incorporación do talento á actividade comercial de proximidade, así como ás pemes deste sector; e incrementar o coñecemento das novas tendencias do comercio, especialmente das novas tecnoloxías.

Salir de la versión móvil