UN PP DECIDIDO presenta a súa candidatura en boiro sen variacións na lista

O Partido Popular de Boiro presentou a súa candidatura nun acto multitudinario celebrado no restaurante Chicolino. O candidato dos populares á alcaldía boirense, Xoán Xosé Dieste, destacou o traballo realizado polo seu equipo durante estes catro anos á fronte do concello como o mellor aval dunha xestión honesta e responsable.

A lista dos populares apenas sofre variacións con respecto á de hai catro anos. A maioría dos seus integrantes mantense. É o caso de Fernando García que irá de número dous, Nolo Romero, edil de Deportes e Xuventude irá de tres. De número catro Beatriz Deus e de número cinco Helena Teixeira, actual edil de Cultura. De número sete Diego Santamaría e de número oito Benigno González Bermúdez. Paula García Alcalde e Juan Antonio Moledo completan os dez primeiros postos da lista.

Ao acto tamén asistiron o secretario xeral, Alfonso Rueda e o secretario provincial do partido, Diego Calvo.

Unha vez máis a lista volverá a estar encabezada por Juan José Dieste, que opta a reelección. Arroupado por numerosos militantes e simpatizantes desta formación na localidade, Dieste fixo un repaso da súa xestión ó longo destes catro anos á fronte da alcaldía, poñendo especial énfase no aspecto económico. Un aspecto que destacou tamén o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda.

https://www.youtube.com/watch?v=lDp_vZVp69A

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.