O Boletín Oficial da Provincia de hoxe martes publica a convocatoria e as bases reguladoras do proceso de selección por procedemento de oposición libre para a cobertura en propiedade de 3 prazas vacantes de Policía Local en Noia, pertencentes ao Grupo C, subgrupo C1.
Deste xeito cómprese o compromiso anunciado no pleno do pasado mes de marzo polo alcalde noiés, Santiago Freire, de “dar cumprimento ao acordo plenario e que as prazas se cubran da forma máis inmediata posible”.
O Concello de Noia convoca o proceso de selección por procedemento de oposición libre para cubrir tres prazas de Policía Local


