O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que as familias galegas disporán o próximo curso escolar de 500 novas prazas públicas de 0 a 3 anos. Para que isto sexa posible, destacou que o Consello da Xunta acaba de autorizar a convocatoria por primeira vez dun concurso público para poder concertar estas prazas: cun investimento aproximado de 2 millóns de euros no primeiro curso, pero que en total será de 6,5 millóns para poder prorrogalas ata 2018.
https://www.youtube.com/watch?v=VuB5vOobN0g