O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, presentou esta mañá a terceira edición do Circuíto Provincial de Carreiras Populares, unha competición que non deixou de crecer dende que naceu no 2013 e que este ano alcanza as 25 probas.
As competicións arrancan mañá coa disputa da II Carreira Pedestre Popular Concello de Frades, continuarán este mesmo domingo coa proba de O Pino e, como xa sucedeu en edicións anteriores, rematará coa competición máis antiga da provincia, a Carreira Popular de Negreira, que cumpre este ano a súa 36 edición. Coma nova incorporación está a I Carreira Terras de Iria, organizada polos concellos de Rois e Dodro.
Poden participar dende nenos de 8 anos ata persoas de máis de 60 xa que hai ata dez categorías de idade.
https://www.youtube.com/watch?v=0-soSY-dynA