Co fin de protexer o benestar dos animais a asamblea cidadá Boiro Novo cambiará a normativa existente no concello de Boiro e aplicará medidas concretas para favorecer este fin.
A asamblea cidadá baséase en dous principios. Un deles é que tódalas persoas teñen o dereito a gozar dos animais e o deber de protexelos. O segundo é que o concello ten a obriga de proteger os animais e de velas polo seu benestar.
Os compromisos de Boiro Novo nesta materia serán establecer os mecanismos de colaboración oportunos coas asociacións de protección e defensaa dos animais. Actualizar o catálogo de conductas prohibidas, realizar un seguimento destas aplicando o réxime sancionador correspondente ou habilitar espazos e medios axeuitados para que os animais poidan realizar as súas funcións fisiológicas.
https://www.youtube.com/watch?v=2GR5vTdF2UU