Os embargos de vivendas seguen a aumentar na comarca

Os embargos parecen non cesar na comarca do Barbanza. Tres novas familias perderon a súa vivenda esta semana. É o caso dun matrimonio de Rianxo, que acudiu a Stop Desafiuzamentos en busca de axuda para intentar evitar que a súa vivenda habitual sexa poxada.
A entidade bancaria coa que no seu día subscribiron o crédito para adquirir a súa casa iniciou o procedemento xudicial de execución hipotecaria ao non poder facer fronte aos pagamentos. A parella vive cos 560 euros que percibe a muller como pensión pola súa situación de invalidez permanente, mentres que o seu marido se atopa desempregado e non ten dereito a ningún tipo de prestación.
Dada esta situación, a plataforma Stop Desafiuzamentos está negociando a suspensión da poxa e estudando a posibilidade de acordar un aluguer social para que a familia non teña que abandonar a súa vivenda habitual.

https://www.youtube.com/watch?v=j_XmT3Z_yOU

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.