O candidato ao BNG comprométese a poñer en valor o patrimonio arqueolóxico da POBRA e denuncia o seu actual estado

O candidato do BNG-Asembleas Abertas, Ramiro Ouviña, manifestou o compromiso da súa candidatura para conservar e poñer en valor o patrimonio arqueolóxico do concello da Pobra, posto que tal e como aseguran nos 16 anos de goberno municipal, o PP non adoptou ningunha medida para evitar o seu deterioro e, incluso, autorizou a destrución de elementos de gran valor como a cheminea do serradoiro da Ribeiriña. Neste caso Ouviña denuncia o proxecto de derrube das naves industriais do Areal auspiciado polo Partido Popular e que contan coa máxima protección patrimonial.
Ramiro Ouviña non só sinalou a súa oposición ao derrumbe da infraestructura , senón tamén asegurou que o BNG-Asembleas abertas contempla no seu programa a recuperación de ditas naves e, ademais, poñerá en valor todo o patrimonio arqueolóxico do concello para o coñecemento e disfrute público do mesmo.
O candidato do BNG-Asembleas abertas comprometeuse a facer un inventario de bens patrimoniais e acometer as actuacións necesarias para posibilitar o acceso público a el e o coñecemento do seu valor histórico.

https://www.youtube.com/watch?v=OpFzLojsjOA

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.