“ILUSIÓN, TRABALLO, HUMILDADE E HONESTIDADE” así define BEATRIZ MATO ao candidato á alcaldía polo pp en RIBEIRA

O auditorio municipal de Ribeira estaba abarrotado o pasado venres. Os ribeirenses etaban ansiosos por coñecer as propostas e as novas caras que se incorporan ao proxecto electoral do PP no municipio.
Manuel Ruiz subeu ao escenario cargado de promesas que cumprir nos próximos catro anos.
Incrementar o gasto social, conxelar impostos, continuar cos carreiros peonís, ampliar o polígono ou restaurar a aldea de Sálvora foron algunhas das actuacións que citou Ruiz.
Precisamente, a ilusión do alcaldable é unha das características que máis destacaron as dúas mulleres que lle precederon sobre o escenario: o seu número dous, Fabiola García, e Beatriz Mato. A primeira asegurou que era unha honra para ela representar ao PP da súa cidade e agradeceu ao candidato a confianza que depositou Nela.
Pola súa banda, Beatriz Mato confesou ser unha gran amiga de Ruiz Rivas, do que quixo destacar catro cualidades por encima das demais: «A ilusión, o traballo, a humildade e a honestidade.

https://www.youtube.com/watch?v=uBqfiK6NpEY

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.