A Consellería de Infraestruturas e Vivenda encargará en próximas datas a redacción do proxecto de conexión das estradas AC-311 e a DP-4202, dando así cumprimento ao compromiso adquirido pola conselleira Ethel Vázquez no inicio das obras da vía de conexión do núcleo de Portobravo (Lousame) con Sampaio (Noia), inauguradas o pasado 14 de maio.
Así o confirmou a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, durante unha reunión mantida en San Caetano coa alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e co alcalde de Noia, Santiago Freire.
Ethel Vázquez confirma aos alcaldes de Noia e Lousame a encarga do proxecto da segunda fase da conexión da AC-311 e a DP-4202


