Integrantes de cogami cun índice de minusvalía inferior ao 33,3% prepárase para ser conductores de autobús

12 alumnos e alumnas do Barbanza comezaron hoxe un curso de conductor de autobús que se desenvolverá nos vindeiros meses na Autoescuela Miguel de Riveira. Unha iniciativa da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) que nace co fin de mellorar as posibilidades laborais dos usuarios.
As clases impartiranse nun horario de 9:00 a 14:00 e nelas instruirase aos alumnos sobre condución racional no transporte de viaxeiros, regulamentación do transporte de viaxeiros e organización do mercado e seguridade do servizo de transporte de viaxeiros.
O profesor do curso explicaba esta mañá as vantaxes coas que sairán os usuarios.
Para formar parte desta formación, COGAMI entrevistou previamente a todo o alumnado que tivo que pasar unha proceso de selección no que demostraron coñecementos xerais, o nivel de condución ademais de realizar unha entrevista persoal. Puideron optar a esta entrevista todos aqueles cun índice de minusvalía inferior ao 33,3%.

https://www.youtube.com/watch?v=OXywOjslw8Q

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.