O secretario xeral do psdeg asegurou na presentación da candidatura que RIBEIRA necesita un cambio

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, respaldou o pasado sábado en Ribeira a candidatura socialista encabezada por José Manuel Vilas e manifestou que o concello de Ribeira debe pensar como unha gran vila, pero leva anos estancada por un goberno do PP. Besteiro manifestou que urxe un cambio.
En opinión do secretario xeral, no municipio hai un exemplo moi claro de como as maiorías absolutas do Partido Popular gobernan para as minorías.
Besteiro criticou que “O PP goberna desde hai 28 anos e Ribeira non ten infraestruturas propias dunha gran vila ou pequena cidade; aínda non ten depuradora e a canalización se está poñendo, non ten a circunvalación que a socialista Paloma Rodríguez demandou no Congreso, ou por exemplo e como anécdota, estanse a poñer semáforos novos e son dos antigos”, manifestou o líder dos socialistas galegos.
Besteiro rematou a súa intervención asegurando que as taxas municipais son das máis elevadas de Galicia.

https://www.youtube.com/watch?v=Xo-XgctBl8k

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.