Arredor de 1000 persoas asistiron á última homenaxe aos maiores capitaneada por ISAAC MACEIRAS

Os maiores volveron a ser un ano máis os protagonistas na Pobra de caramiñal.
O polideportivo Venecia deu de comer hoxe a máis de 900 persoas no XVI Xantar de cofraternidade para persoas da terceira idade. Un encontro que non pasou desapercibido para a conselleira de traballo e benestar, beatriz mato que compartiu mesa coa delegada territorial da xunta na Coruña, belén do campo, o alcalde da Pobra, Isaac Maceiras, e demais alcaldes da comarca, o senador, Jose Luís Torres Colomer e a concelleira de servizos sociais Balbina Lojo, que ofreceu as primeiras palabras de agradecemento aos convidados.
Balbina lembrou que esta iniciativa naceu da man do actual alcalde pobrense fai 16 anos. Unha homenaxe aos maiores que, paulatinamente foi acollida polo resto de concellos da comarca.
A concelleira agradeceu a colaboración dos voluntarios, de protección civil, das empresas e do equipo de goberno.

https://www.youtube.com/watch?v=TKPUxXDNHRE

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.