jueves, septiembre 28, 2023

Unha sinxela gala de clausura puxo fin á programación do Xuño da Cultura e as Artes.

Unha sinxela gala de clausura puxo fin á programación do Xuño da Cultura e as Artes, que contou coa implicación de 52 asociacións e 20 departamentos municipais para organizar máis de 200 actos.

O evento contou coa participación do alcalde de Riveira, Manuel Ruiz Rivas, e da concelleira de Cultura, Elvira Pisos. O rexedor agradeceu o esforzo de numerosos colectivos do municipio e a comarca por participar na iniciativa, concibida precisamente para dar realce a canto fan polo ben da sociedade.

A continuación tivo lugar a entrega dun pergamino e dun pequeno obsequio institucional a cada entidade participante.

http://youtu.be/9Bb5fXBofgY

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.