O POBOA é o equipo preferente e o noia xogará a fase de ascenso á terceira división

O Poboa xogará a próxima tempada en Preferente tras lograr un empate a dous no campo do San Tirso. Os goles de Pozas, primeiro, e de Álex, despois, foron clave para que os barbanceses lograsen a clasificación. O partido púxose en contra para os pobrenses cun tanto no minuto 10. Pozas encargouse de asinar o empate, e Álex deulle a volta ao marcador. Cando o colexiado pitou o final do encontro, moitos dos afeccionados barbanceses que se desprazaron a Coruña para presencialo non dubidaron en saltar ao terreo de xogo para celebralo cos seus xogadores.

Xogadores, corpo técnico e directivos do Noia acabaron a xornada de onte cantando e bailando. O motivo, ter logrado o pasaporte para xogar a fase de ascenso a Terceiro División, un soño que leva perseguindo desde hai meses e que onte se consumou tras asinar táboas 2-2 no campo do Sarriá. Os dous goles do Noia foron obra de Villaverde, que anotou o primeiro no minuto 12, e o segundo no 82.

https://www.youtube.com/watch?v=QifAxzqqBbw

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.