O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reafirmou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a aposta da Xunta pola captación de investimentos estranxeiros destinando preto de dous millóns de euros, nos próximos dous anos, para atraer novos proxectos e co inicio da segunda fase do programa de venda de solo empresarial, con bonificacións de ata o 50%.
No tocante a primeira iniciativa, Feijóo salientou a aprobación dunha inxección de case dous millóns de euros para a captación de investimentos estranxeiros nun dobre sentido: tanto para atraer empresas que desexen apostar por Galicia, como para impulsar iniciativas de compañías xa establecidas na comunidade e que poidan realizar novos investimentos.
https://www.youtube.com/watch?v=vDhTQ3t7XzE