Barbanza

Sanidade certifica que 77 das 90 praias da comarca do Barbanza teñen unha calidade de auga excelente

A Delegación Territorial da Xunta na Coruña informou que a Consellería de Sanidade outorgou unha cualificación de excelente a 77 das 99 praias da comarca do Barbanza. Os resultados das análises, que a Xunta realiza de forma periódica, foron moi positivos xa que todas as praias da comarca son aptas para o baño, salvo a Virxe do Camiño en Muros que obtén unha clasificación de Insuficiente. Ademais da cualificación de 77 excelentes, outras 11 teñen un distintivo de ben e unha obtivo un resultado de suficiente.
https://www.youtube.com/watch?v=3dmIi5Eqh1k
No ámbito da provincia da Coruña hai un total de 225 zonas de baño, 213 marítimas e 12 continentais en 47 concellos. Das cales 172 obtiveron o cualificación de Excelente, 16 praias máis que na tempada anterior, cualificación de Buena, 34 praias, Suficiente, 13 praias e Insuficiente, 6 arenais. A nosa provincia tamén conta con 45 praias de 27 concellos participando na “Rede Galega de Praias sen Fume” nas cales non se pode fumar en todo o areal, nun programa de adhesión voluntario con fin educativo, de promoción da saúde e protección do medio ambiente.
A Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade executa o “Programa Vixilancia Sanitaria das zonas de baño” . A tempada de baño empeza o 1 de xuño e dura ata o 30 de setembro. Recóllense un total de 10 mostras, unha antes do inicio da tempada e outras 9 ao longo da mesma. A xefatura territorial de Sanidade remite a todos os concellos afectados a información relativa á calidade das augas do seu municipio.
Na páxina web de la Consellería de Sanidade pódese consultar toda esta información, cun mapa de todas as zonas de baño controladas onde se informa dos resultados das análises microbiolóxicos quincenais ao largo da tempada, a clasificación sanitaria de cada zona de baño, os informes técnicos ao final de cada temporada e outras informacións de interese. A unica praia que ten calificacion insuficiente a da virxe do camiño de Muros.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.