Centos de rapaces celebran a segunda feira da educación no futuro mercado de RIBEIRA

Hoxe mércores tivo lugar a apertura da segunda Feira da Educación de Ribeira, que se vai celebrar ata o domingo nas instalacións do futuro mercado e á que xa se desprazaron centos de meniños para participar no nutrido programa de actividades.

Así, dende un taller de radio promovido polo Concello, ata un concerto do alumnado do CEIP O Grupo, pasando por unha representación teatral do CPR Galaxia ou unha presentación de robótica do IES Número 1, foron numerosas as actividades nas que os rapaces amosaron o seu talento ao longo desta mañá.

Ata alí acudiu o alcalde Manuel Ruiz, quen, acompañado da concelleira de Educación Maricarmen Vizcaya, salientou a cualidade desta acción para achegar á sociedade o esforzo dos mestres e de toda a comunidade educativa.

https://www.youtube.com/watch?v=_LQYxlJFQto

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.