O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avogou hoxe por seguir impulsando a negociación colectiva para establecer novos consensos sobre o impacto das novas tecnoloxías no ámbito laboral, así como as novas formas de traballo e organización empresarial.
https://www.youtube.com/watch?v=_mwfC4OTcEs
Durante o XXVIII Congreso da Asociación Española de Dereito do Traballo e da Seguridade Social, Feijóo aseverou que o obxectivo é acadar un marco laboral con máis estabilidade; máis seguridade laboral; máis igualdade; máis inclusión das persoas con capacidades diversas; máis conciliación; máis formación e máis respecto polo ambiente.