O grupo parlamentario do BNG, encabezado pola portavoz nacional Ana Pontón mantivo un encontro co comité de empresa do Hospital do Barbanza para analizar as demandas do centro hospitalario, e tamén visitou a Lonxa e mantivo unha reunión co sector pesqueiro da comarca. Durante a súa visita a Ribeira estiveron acompañados por membros do BNG da comarca.