Xunta de Galicia

Feijóo avanza unha achega de preto de 7, 6 millóns de euros para impulsar a contratación de 895 perceptores da risga en 191 concellos

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa do Consello unha achega de 7, 6 millóns de euros para impulsar a contratación de 895 perceptores da Risga en 191 concellos.

Durante a súa intervención, Feijóo subliñou que “estamos ante a convocatoria máis ampla deste plan” e que deste xeito se atenden a totalidade das solicitudes que se presentaron e cumprían os requisitos que se exixían. Cada un dos 191 concellos poderá ter entre 2 traballadores ata un máximo de 40 acollidos a este programa. O importe medio da axuda concedida por cada traballador é de 8.747 euros, preto dun 4% máis que o ano pasado. E, do mesmo xeito que en anos anteriores, terán prioridade as persoas que teñan asignado un proxecto de inserción laboral, os maiores de 45 anos ou as persoas con cargas familiares.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.