Máis dunha vintena de veciños do municipio participaron nunha saída cultural por Girona e o sur de Francia como actividade do programa de Dinamización e Promoción Social das Persoas Maiores que promove a Concellería de Servizos Sociais.
A actividade tivo lugar do 20 ao 25 de maio e o itinerario incluíu visitas á Costa Brava, Collioure, San Pedro de Roda (onde visitarán o seu mosteiro), Girona, Besalú, Carcassone, Perpignan, Figueres (onde visitarán o Museo Dalí) e Zaragoza.