O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que as liñas estratéxicas do Plan Xacobeo 2021 serán aprobadas despois do verán. Este documento plasmará a ambición coa que Galicia afronta este ano santo, co obxectivo de que cambie a historia da proxección da imaxe e da presenza de Galicia no mundo.
Tras a sesión constitutiva da comisión organizadora do Xacobeo 2021, Feijóo asegurou que este obxectivo require da implicación de toda Galicia.