Galicia

Os encoros de abastecemento da demarcación Galicia-costa atópanse case ao 98 por cento da súa ocupación total

Os encoros da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, administrados por Augas de Galicia, atópanse ao 90,29 por cento da súa capacidade total. Concretamente, os de abastecemento, ao 97,98 por cento, e os de uso hidroeléctrico ou industrial, ao 89,51 por cento.

Así se recolle no último boletín hidrolóxico no que se sinalan os datos da evolución dos recursos hídricos na Demarcación Galicia- Costa, recollidos a 28 de maio, e no que se indica que os 19 encoros de Galicia- Costa contan cun volume total de encorado de 623,17 Hm3, dos 690,15 (volume total).
As presas abastecemento de Cecebre, Eiras, Forcadas, Zamáns, Baiona e Beche presentan porcentaxes por riba da media, sendo o de Vilagarcía (66,56 por cento) o que presenta a menor porcentaxe de volume encorado.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.