Xunta de Galicia

Feijóo avanza a posta en marcha do plan estratéxico de produción ecolóxica que guiará nos vindeiros cinco anos o crecemento dunha das ramas con maior potencial para o sector primario

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a posta en marcha do Plan estratéxico de produción ecolóxica que, acordado co sector, guiará nos vindeiros cinco anos o crecemento dunha das ramas con maior potencial para o sector primario.

Durante o VIII Encontro da industria alimentaria, Feijóo subliñou que esta folla de ruta baséase na visión de conxunto da nosa terra e do noso mar e na identificación dos retos e oportunidades para o futuro da produción ecolóxica. Non en van, cada vez son máis as persoas que traballan neste eido e os produtos ecolóxicos alcanzaron un volume de vendas de preto de 60 millóns de euros en 2017, un 41% máis que o ano anterior.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.