Ribeira

RIBEIRA SÚMASE Á CAMPAÑA QUERE O TEU MERCADO NA QUE, BAIXO O LEMA PRETO DO TEU CORAZÓN, PARTICIPAN 86 PRAZAS DE ABASTOS DE GALICIA

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, visitou hoxe a praza de abastos de Ribeira, unha das 86 de toda Galicia que este ano participan na campaña internacional Quere o teu mercado que promove a Consellería de Economía, Emprego e Industria, en colaboración coa Federación Galega de Comercio, e que se celebra ata o próximo 27 de maio.
https://www.youtube.com/watch?v=eaGbSmNaUos
Vázquez explicou que a Xunta, no seu propósito de promover os mercados e prazas de abastos de Galicia, incentivar o consumo de produtos frescos e resaltar os valores da compra local e a profesionalidade e bo facer dos praceiros e praceiras leva a cabo, por cuarto ano consecutivo, esta actuación de carácter internacional de promoción dos mercados locais e prazas de abastos.

Deste xeito, baixo o lema Preto do teu corazón, realizaranse ata o próximo 27 de maio unha serie de eventos nos mercados dos países e cidades participantes para intentar atraer clientes e transmitir todos os beneficios que ten consumir nos mercados de proximidade.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.