Xunta de Galicia

Galicia apoiará con 1,3M€ a 340 pemes que avoguen pola conciliación, responsabilidade social e igualdade

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa de Consello a posta en marcha de tres liñas de axuda que, dotadas cun orzamento de 1,3 millóns de euros, apoiarán a 340 microempresas e autónomos que avoguen pola conciliación, a responsabilidade social e a Igualdade.
https://www.youtube.com/watch?v=H8Rsben023c
Todas elas, abundou, son áreas prioritarias que facilitan que a nosa Comunidade se converta nun bo lugar para formar unha familia e que consolidan un mellor lugar de traballo para os empregados destas compañías.
A este respecto, o titular do Goberno galego lembrou que Galicia é pioneira na aposta pola Responsabilidade Social Empresarial. De feito, dixo, a nosa foi unha das primeiras Comunidades en poñer en marcha un plan específico con esta finalidade xa no 2012. Tamén subliñou que a partida habilitada para este exercicio supera nun 60% a contía orzada o pasado ano para tal fin.
A primeira liña de axudas, contará cunha dotación económica de 156.000 euros e dará impulso á Responsabilidade Social Empresarial de 50 pemes.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.