O campamento xuvenil “espiñeira” deu comezo un ano máis.

O campamento xuvenil “espiñeira” deu comezo un ano máis ás actividades lúdicas de carácter cultural que se están a levar a cabo durante o mes de xullo no concello de Boiro.
Estas actividades están vinculadas xeralmente co teatro e co circo. Estanse a desenvolver asi obradoiros de formación e observación, programas de dramatización e expresión corporal. Tamén dotados de ensaios e propostas xerais, técnicas de circo, malabares e habilidades de equilibrio.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe aos participantes nas actividades que se levan a cabo nestas instalacións. En Boiro están aloxados cen mozos e mozas de entre 10 e 12 anos de idade, que desenvolven un campamento de temática relacionada co teatro, a expresión corporal e o circo.

http://youtu.be/dngh7J-ixw4

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.